A Xunta pide "contundencia" ao Ministerio de Traballo para denegar o ERE de Gamesa nas Somozas

Conde chama a unha "fronte común" para buscar solucións nunha xornada na que a multinacional comunica beneficios millonarios.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/01/2021 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, pediu "contundencia" ao Ministerio de Traballo, como autoridade laboral, para denegar o ERE de extinción presentado por Siemens Gamesa na súa planta das Somozas (A Coruña), xa que considera que non hai "criterios obxectivos" para ese despedimento colectivo, logo de coñecerse os beneficios millonarios da empresa.

Manifestantes de Siemens Gamesa nas Somozas durante a concentración ante a Delegación do Goberno para pedir a súa mediación no conflito polo peche da súa planta, na Coruña
Manifestantes de Siemens Gamesa nas Somozas durante a concentración ante a Delegación do Goberno para pedir a súa mediación no conflito polo peche da súa planta, na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

En declaracións antes do encontro esta tarde de luns en Santiago co comité de Siemens Gamesa das Somozas (A Coruña), Conde reclamou á empresa que retire este despedimento colectivo de 215 empregados, dado que "ten opción para dar continuidade á actividade industrial" coa existencia de pedidos comerciais, así como nun contexto de transición enerxética no que é necesaria a produción de pas para parques eólicos.

Así, expón a "contradición" da medida adoptada por Siemens Gamesa de pechar as súas plantas en España, "deslocalizando actividade a industrial a Portugal", á vez que pide beneficiarse de fondos europeos para a transición enerxética. Ademais, remarca que a compañía acaba de abrir unha fábrica en Francia.

Igualmente, Conde chama a unha "fronte común" con Goberno e traballadores ante a empresa para buscar solucións, co primeiro paso de que a multinacional retire o ERE. Resalta que o Ministerio de Traballo "ten unha responsabilidade" cara aos traballadores para defender esa posición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta