Ratifican a devolución de 360.000€ a unha muller en risco de exclusión por unhas preferentes herdadas

A muller herdou as preferentes dos seus proxenitores que morreron en 2010 e 2012.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A Audiencia de Pontevedra ratificou a decisión dun Xulgado de Lalín de setembro de 2020 pola cal o Banco Santander terá que devolver 360.000 euros a unha muller por unhas participacións preferentes herdadas.

As preferentes foran compradas en 2009, cando a entidade aínda era Banco Pastor, polos proxenitores da muller, que morreron en 2010 e 2012, respectivamente. O xulgado de primeira instancia e instrución número 1 de Lalín acordou a devolución de 295.000 euros máis impostos a esta muller, que estaba en risco de exclusión social, segundo destaca o despacho de avogados de Xoán Antón Pérez-Lema, que levou o caso.

A sentenza acábaa de confirmar a Audiencia, nun auto de principios de febreiro, ao entender que o banco non cumpriu "coa obriga de asesorar ao cliente de forma adecuada, clara e comprensible sobre os riscos da operación".

"O erro esencial do pai continúa cando as herdeiras aceptan o troco polos bonos subordinados. Elas nunca adquiren o coñecemento das características esenciais destes produtos de altísimo risco", destaca o despacho.

Banco Pastor-Grupo Banco Popular
Banco Pastor-Grupo Banco Popular

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta