Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 19:58
O comité de Xeal esixiu á Xunta que reclame á empresa a posta en marcha dun plan de viabilidade "que garanta a continuidade industrial e o mantemento de todos os postos de traballo".
Así o traslada tras unha reunión con representantes autonómicos, "na que se constatou que o Goberno galego segue sen asumir as súas responsabilidades e sen querer exercer as súas competencias".
"Ante este deixamento, a representación do persoal instou, unha vez máis, á Xunta a que faga valer as cláusulas das concesións e obrigue a Xeal a pór en marcha un plan de viabilidade que garanta a continuidade industrial e o mantemento de todos os postos de traballo", engade.
"Desde a chegada do fondo TPG-IThaka, nunha operación fraudulenta que só persegue facerse co negocio da produción eléctrica, nin se executaron os investimentos comprometidos, nin se presentou un plan industrial que dea viabilidade á produción e permita a continuidade dos empregos", argumenta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.