Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 18:47
Compostela Aberta levará ao próximo pleno municipal unha iniciativa para pedirlle ao goberno local que "reevalúe a instalación" das máis de 40 cámaras que ten previsto colocar na zona histórica, no marco do proxecto Smartiago. Así, o grupo municipal de CA advirte de que a posta en marcha destes dispositivos "pode chocar con dereitos fundamentais da cidadanía como son o da privacidade e intimidade, o da libre circulación das persoas ou mesmo o da liberdade de expresión".
O edil Xan Duro destacou que, con este tipo de propostas, o goberno de Bugallo está "a desvirtuar o proxecto Smartiago", impulsado polo Goberno de Compostela Aberta e polo que no anterior mandato o Concello captou máis de cinco millóns de euros de fondos europeos. Duro cuestionou que, co Goberno do PSOE, "a solución para a liña da mobilidade intelixente volva pasar polas cámaras" e lembrou a Bugallo que "nas súas anteriores etapas como alcalde xa foi o responsable da instalación de sistemas de videovixiancia que tiveron unha forte contestación social".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.