Localizan por cámaras ao autor do atropelo dunha muller que se deu á fuga

A muller agardaba o autobús no momento do atropelo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O equipo de Atestado da Policía Local de Santiago localizou ao condutor dun vehículo que atropelou a unha muller o pasado xoves no carril de servizo de baixada da avenida Cruceiro da Coruña, tras o que se deu á fuga.

Diso informou o Concello de Santiago nun comunicado, no que explica que, aínda que a falta de testemuñas complicou as pescudas, grazas ao labor de investigación realizada polos axentes, o autor puido ser localizado.

En concreto, o atropelo tivo lugar cando a muller esperaba o autobús, momento no que, conforme lembra o Consistorio, o autor dos feitos abandonou o lugar e deixou á señora "tirada na beirarrúa, soa e con diversas feridas".

Ante iso e grazas ás cámaras de vixilancia da zona, o Concello sinalou que se puido identificar o autor dos feitos, aínda que non fora captado o momento do atropelo. A Policía Local agradeceu aos propietarios das cámaras que, segundo indicou, contribuíron de forma decisiva a dar co condutor implicado nos feitos.

Policía Local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO
Policía Local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta