Tal e como vos prometemos, aínda que con retraso, chega unha nova versión de GC. Animamosvos a que viaxedes polo noso Diario de Confidenciais, totalmente renovado. A pesar do cambio, aínda quedan algunhas cousiñas por engadir das que pronto vos daremos conta. Galicia Confidencial quere agradecer o traballo impagable de todos os seus colaboradores que, desinteresadamente, están ata altas horas da madrugada botando unha man. Graciñas amigos, e graciñas a todos os que nos ledes por seguir aí. FELIZ NADAL a todos.