Política Social insiste en que as gardarías funcionan "con normalidade" e "total seguridade"

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que "sete meses despois do inicio do curso, as escolas infantís demostraron que se pode impartir este nivel educativo con total seguridade, aínda no contexto máis complicado".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2021 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reivindicou o funcionamento "con normalidade" e "total seguridade" das escolas infantís (de 0 a 3 anos) a pesar da pandemia da covid.

Destacouno durante a súa visita á gardaría de Catabois, onde deu conta das resolucións que publica este martes o Diario Oficial de Galicia (DOG) coa apertura (desde este mércores) do prazo para inscrición no curso 2021-2022 nas escolas infantís publicas da Xunta. Permanecerá aberto ata o 12 de abril.

Acompañada por parte dos docentes deste centro, ao que tivo ocasión de visitar nalgunhas das súas dependencias, a conselleira valorou que "o protocolo se cumpriu" e así destacou que estes centros onde acoden nenos son "seguros".

"Sete meses despois do inicio do curso, as escolas infantís demostraron que se pode impartir este nivel educativo con total seguridade, aínda no contexto máis complicado", sinalou. Fabiola García detallou que "nenas e nenos, profesionais e as familias respectaron todas as recomendacións sanitarias, o que permitiu que o curso se desenvolvese con normalidade".

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita unha escola infantil en Ferrol.. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita unha escola infantil en Ferrol.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta