R, de compañía galega a propiedade dun fondo de inversión

MásMóvil captará 3.500 millóns en créditos e emisións de bonos para a compra de Euskaltel, propietaria de R.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/03/2021 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

MásMóvil,  propiedade dos fondos de inversión KKR, Cinven e Providence Equity, a través da sociedade Lorca Telecom. endebedarase a través dun crédito e emisións de bonos en aproximadamente 3.500 de euros para financiar a adquisición de Euskaltel, propietaria de R, segundo confirmaron a Europa Press fontes financeiras. Deste xeito, outra das compañías galegas acaba en más nun fondo de inversijjón.

De acordo a estas fontes, aos case 2.000 millóns de euros que custaría a oferta pública de adquisición (OPA) para facerse coa empresa vasca, sumaríase o refinanciamento dos 1.500 millóns de euros de débeda de Euskaltel, para a que se aproveitaría a estrutura financeira da operación.

A operación será levada a cabo por un sindicato formado por Banco Santander, Barclays, BNP Paribas, Deutsche Bank e Goldman Sachs. Todos achegarán aproximadamente 700 millóns de euros, salvo BNP Paribas, que terá unha cota algo superior. En primeiro lugar, utilizarase un primeiro tramo de crédito de 500 millóns de euros a seis anos.  Posteriormente, MásMóvil lanzará dúas emisións de bonos: a primeira duns 1.700 millóns de euros de débeda senior a oito anos e outro de 1.300 millóns de euros de débeda alcanzable a sete anos.

CASE 26 MILLÓNS EN BONOS A DIRECTIVOS DE EUSKALTEL

Por outra banda, unha vez concluída a OPA, os directivos de Euskaltel terían dereito a percibir un bonus, que viría derivado non da propia operación en si, senón da evolución da acción. Este bonus derívase do Plan de Incentivos a longo prazo que o consello de administración aprobou o 28 de xaneiro para o seu equipo de directivo e que estaba baseado na creación de valor para os accionistas a tres anos.

Coas cifras fixadas pola OPA, este grupo de directivos, integrado por entre 30 e 40 persoas, recibiría un total conxunto de algo menos de 26 millóns de euros.

Publicidade da compañía R
Publicidade da compañía R

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta