O comité de Xeal esixe poñer en marcha os fornos e a recuperación do emprego "destruído"

O comité ten convocado un novo calendario de mobilizacións que empezou este venres 4 de xuño e terá continuidade todos os venres con concentracións ante a fábrica de Brens.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2021 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Xeal, antes Ferroatlántica na Costa da Morte, esixe a posta en marcha "inmediata" dos fornos e a recuperación do emprego "destruído".

Ademais, a través dun comunicado de prensa, reclama á Xunta que declare a nulidade da operación de venda entre Ferroatlántica e Ithaka.

E é que, segundo o comité das fábricas de Cee-Dumbría e as centrais hidroeléctricas, a operación foi "fraudulenta" xa que "na práctica" as plantas "funcionan como unha maquila" de Ferroglobe, ao ser este grupo, asegura, o provedor "exclusivo" e o comprador "único" de toda a produción.

Por iso, e como veñen criticando desde hai meses, a operación de compravenda constituíu "unha segregación encuberta" das actividades destas factorías.

"Nin Ferroatlántica nin sobre todo o fondo americano comprador, xestionado por Ithaka, adquiriron compromiso por escrito do futuro funcionamento deste centro de traballo, nin fixeron entrega do contrato", censura.

O comité ten convocado un novo calendario de mobilizacións que empezou este venres 4 de xuño e terá continuidade todos os venres con concentracións ante a fábrica de Brens (Cee).

Protesta convocada polo comité de Xeal. COMITÉ XEAL
Protesta convocada polo comité de Xeal. COMITÉ XEAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta