O polígono de Praceres-Lourizán deixa de ter plan de emerxencia exterior ao parar a súa actividade Elnosa

A Comisión Galega de Protección Civil informou favorablemente á decisión de deixar sen efecto o plan.

Por E.P. | Pontevedra | 15/06/2021 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A Comisión Galega de Protección Civil informou favorablemente á decisión de deixar sen efecto o plan de emerxencia exterior do polígono de Praceres-Lourizán, en Pontevedra, ao cesar a súa actividade Elnosa.

A biofábrica de Ence situada á beira da Ría de Pontevedra, separadas pola estrada que une á cidade de Pontevedra con Marín
A biofábrica de Ence situada á beira da Ría de Pontevedra, separadas pola estrada que une á cidade de Pontevedra con Marín | Fonte: Europa Press.

Así, como esta fábrica quedou sen actividade e Ence "non almacena substancias perigosas en cantidades que obriguen a contar con plan de emerxencia exterior", ante un posible accidente, actuarase conforme ao protocolo de accidentes industriais, informou a Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta