Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/06/2021 | Actualizada ás 14:17
O custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) mantívose sen variación no primeiro trimestre do ano en Galicia en relación ao mesmo período de 2020, ata situarse en 2.324,29 euros, fronte aos 2.605,61 da media estatal, que se incrementou un 1,4%, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Por hora efectiva, o custo laboral en Galicia alcanzou os 18,39 euros por traballador, un 2,3% máis que o mesmo trimestre do ano anterior.
Mentres, o custo salarial galego, de 1.690,70 euros ata marzo, baixou un 0,2% en taxa anual, pese ao aumento do 2,1% do custo salarial por hora efectiva (13,38 euros).
Os outros custos chegaron a 633,59 no primeiro trimestre, o que representa un aumento do 0,4%. Son de 5,01 euros por hora efectivo, un 2,7% máis.
Mentres, a xornada laboral galega alcanza as 151,8 horas pactadas por traballador e mes, son 126,4 as efectivas e 26 as non traballadas. A tempo completo a distribución é: 169,5 pactadas, 141,2 efectivas e 28,9 sen traballar e a tempo parcial, 85, 70,7 e 14,8, respectivamente.
Por último, Galicia presenta 4.162 vacantes, un 4,2% do total. Nun 92,9% dos casos é porque non se necesita ningún traballador máis, nun 3,2% debido ao elevado custo de contratación e nun 3,9% responde a outras causas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.