A maioría de locais de lecer nocturno de Pontevedra decide non abrir o xoves "para volver pechar" nun día

Lamentan "pagar os pratos rotos dos demais" e insisten en que estes locais "non teñen culpa do pico" ao levar "un ano pechados".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 30/06/2021 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

Propietarios de locais de lecer nocturno de Pontevedra decidiron non abrir este xoves, 1 de xullo, os seus negocios porque "non ten sentido" facelo "para volver pechar" nun día, xa que, tras a decisión do comité clínico deste martes, non poderán abrir nos 11 municipios galegos que a partir das 00,00 horas deste 3 de xullo non se inclúan en nivel epidemiolóxico baixo, unha situación na que se atopa a cidade do Lérez.

En declaracións a Europa Press, o dono de The Groove House en Pontevedra, Carlos Rodríguez Sierra, manifestou que "non ten sentido" abrir este xoves "para volver pechar indefinidamente" desde este sábado "porque non dan unha data" de retorno.

Sierra asegurou que "unha chea" de compañeiros do sector do lecer nocturno de Pontevedra xa mostraron a súa decisión de non reabrir este xoves tras máis dun ano pechados. Unha situación que, economicamente, supón "un revés" polo diñeiro investido.

"Investín o último diñeiro que me quedaba para cargar neveiras e comprar alcol, que é bastante caro", explicou, para lamentar que "a 24 horas de reabrir din que non deixan" desde o día 3 polo incremento da incidencia en Pontevedra, cando xa teñen "neveiras acesas e alarmas conectadas", así como traballadores dados de alta nalgúns casos.

No seu caso, Sierra puxo como exemplo que investiu uns 3.000 euros para poder levar a cabo a reapertura despois de tantos meses pechado e agora atópase "sen un duro no banco, nin na carteira". "Estamos doídos porque se fan as cousas fatal, dun día para outro", lamentou, para criticar que "non avisan e ninguén di nada".

"PRATOS ROTOS"

Neste sentido, Montse, unha das donas de Fifty Club de Pontevedra, manifestou a Europa Press que "é ridículo deixar abrir un día e pecharnos o día 3 ao subir a nivel medio". "Pagamos os pratos rotos dos demais", lamentou, para insistir en que o incremento de contaxios non se debe ao lecer nocturno.

Por iso, confirmou que "a maioría" dos locais de Pontevedra decidiu "non abrir". Así, coincidiu en que a perda económica "é enorme" porque investiron en mercadoría e en mobiliario, ademais de en persoal.

Sierra resaltou que "non é culpa" dos negocios de lecer nocturno "que se contaxie o Covid". "Nos criminalizan e ninguén se desculpa", reprochou. Ademais, criticou que o alcalde da cidade "di que se solidariza, pero todo de face á galería". Así, ambos os donos de locais subliñaron que levan "un ano pagando augas e lixos" polo imposto municipal, a pesar de ter o negocio pechado a pesar de comprometeuse o Concello a non cobralo. "Téñennos esquecidos", sostivo o dono de The Groove House.

"RIDÍCULO"

Para unha das propietarias de Fifty Club resulta "ridículo" que lles permitan abrir "un día (este xoves) e pechar o día 3". "Queren botarnos a culpa de novo", sostivo. Segundo insisten, estes negocios "non teñen culpa do pico" actual de Covid.

Así mesmo, coincidiu con Sierra en destacar que a afectación económica "é enorme", xa que investiron "en mercadoría, en mesas...". "O último diñeiro foi a iso para que avisen con 24 horas...", lamentou, para resaltar que, como outros, segue "pagando todos os impostos, aluguer...", que no seu caso lle supoñen uns 800 euros mensuais.

Por iso, esperan que o novo peche polo empeoramento da situación epidemiolóxica en Pontevedra "sexa un par de semanas" porque "senón é inviable" manter o negocio. "Non nos deixa vivir", conclúen.

Interior dunha discoteca.
Interior dunha discoteca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta