Feijóo defende que a máscara "probablemente debería quedar" para ir a hospitais

"Imos ter unha onda que espero que non teña impacto na UCI", sinala o presidente galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2021 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu este luns no seu chamamento á prudencia e a cumprir as normas, co foco, sobre todo, nos máis novos, á vez que insistiu en que a máscara "segue sendo moi útil", imprescindible en lugares pechados, e engadiu que "probablemente" este elemento protector "debería quedar para entrar nun hospital".

Así o trasladou durante a súa intervención no 'I Xornada Next Generation' organizada por 'elEconomista', na que volveu a pór o foco nos máis novos. "Hai un incremento de contaxios e imos ter unha onda que espero que non teña impacto na UCI", apuntou, e exemplificou que as persoas de menos idade non están libres de sufrir os efectos da covid-19.

Feijóo exemplificou con que unha persoa obesa, aínda que sexa moza, pode infectarse e acabar na UCI. Ao tempo, insistiu en que non hai vacinas aínda para as franxas de menor idade, e hai dificultades "lexislativas" para adoptar determinadas medidas nun contexto no que se xudicializou" a pandemia.

Nesta conxuntura, tras recalcar que non se pode dar por "solucionada" a situación "en ningún caso" e pór o foco para pasar páxina no próximo outono, destacou que a máscara "segue sendo moi útil" e engadiu que "probablemente debería quedar para entrar nun hospital".

XA EXPOSTO POR EXPERTOS

A reflexión de Feijóo sobre os usos da máscara --neste caso no ámbito hospitalario-- vai na liña de reflexións xa verbalizadas por expertos que forman parte do comité clínco.

Por exemplo, o presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES) e coordinador de Urxencias no Hospital do Salnés, Tato Vázquez Lima, situou no seu día entre as súas propostas para cando se supere a pandemia, manter usos da máscara en determinados contextos e avogou por que "todo paciente" que chegue ao servizo de Urxencias a leve posta.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ofrece declaracións aos medios de comunicación durante a inauguración da xornada 'Next Generation', a 5 de xullo de 2021, no Hotel Westin Palace, Madrid, (España).. Ricardo Rubio - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ofrece declaracións aos medios de comunicación durante a inauguración da xornada 'Next Generation', a 5 de xullo de 2021, no Hotel Westin Palace, Madrid, (España).. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta