Confirman que a morte súbita foi a causa pola que faleceu un bebé nunha gardería de Ourense

A Policía Nacional ratifica que non se acharon neglixencias por parte dos coidadores.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/07/2021 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

Un bebé de 18 meses faleceu este luns por morte súbita nunha gardaría de Ourense situada na Rúa Nosa Señora da Saínza.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Xudicial e axentes da Policía Nacional, así como profesionais sanitarios, que non foron capaces de reanimar ao bebé.

A principal hipótese que se barallou desde que se produciu o suceso foi a dun falecemento por causas naturais.

A Policía Nacional, tras o informe do médico forense, confirmou que a causa foi unha morte súbita.

Así mesmo, a Policía Nacional ratificou que non se acharon neglixencias por parte dos coidadores.

Imaxe de recurso dunha ambulancia do SUMMA 112.. TWITTER EMERXENCIAS 112 COMUNIDADE DE MADRID
Imaxe de recurso dunha ambulancia do SUMMA 112.. TWITTER EMERXENCIAS 112 COMUNIDADE DE MADRID

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta