O Concello de Cabanas suspende o servizo de socorrismo tras o positivo dun traballador

O resto do persoal do servizo está á espera de coñecer os resultados das probas PCR.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2021 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O Concello de Cabanas decidiu suspender o servizo de socorrismo no seu areal máis concorrido, a praia da Magdalena, tras detectarse un positivo por covid-19 nun dos seus traballadores.

Fontes do grupo de goberno sinalaron que esta medida, que se fixo efectiva este venres, prolongarase ata "poder garantir que todo o persoal do servizo é negativo".

O persoal de socorristas da Magdalena está formado por cinco persoas. Os catro compañeiros do contaxiado están á espera de coñecer os resultados das probas PCR que se lles practicaron nas últimas horas.

O Concello de Cabanas activou este servizo na praia da Magdalena o pasado 8 de xullo e manterao, unha vez que se renove tras este episodio, ata mediados de setembro.

Praia da Madalena, en Cabanas
Praia da Madalena, en Cabanas | Fonte: turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta