Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2021 | Actualizada ás 17:40
O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, atribuíu a lei de saúde de Galicia a "chiscadelas autoritarias" para "contentar á sección de Vox" do PPdeG e subliñou que esta é "a única en España recorrida ante o Constitucional".
O Tribunal Constitucional levantou a suspensión do apartado da lei que o Goberno central recorreu e que, por tanto, mantiña a súa aplicación no aire. Salvo na cuestión concreta da vacinación, a normativa entra na súa totalidade en vigor cinco meses despois de ser aprobada.
Que o TC manteña suspendida parte da lei de saúde de Galicia leva ao PSdeG a subliñar que "querer a Galicia tamén é respectar o Estatuto de Autonomía e a Constitución, e non saltarse as leis como fai o PP".
"Esta é a mellor proba de que o señor Feijóo desbordou o marco constitucional", afirma Arangüena nun comunicado, no cal tamén lembra que os socialistas galegos requiriron en varias ocasiones "diálogo e consenso" á Xunta de Galicia co Goberno central para acordar unha modificación da norma sen ter que chegar aos tribunais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.