A Deputación da Coruña apoia as proxeccións de películas en galego cunha liña de axudas

Entre os filmes atópanse 'Nación', 'Negro púrpura' e 'A virxe roxa'.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/08/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina case cen mil euros para que oito películas cheguen ao público na provincia da Coruña en galego, segundo informa. Títulos como 'A virxe roxa', de Marcos Nine; 'Nación', de Margarita Ledo ou 'Negro púrpura', de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva figuran entre as producións que forman parte desta liña de axudas que, nesta edición, chega a un total de 96.352, 67 euros.

O organismo provincial sinala que o obxectivo desta convocatoria é "eliminar os obstáculos que, historicamente, atopan tanto o cinema galego como o cinema dobrado ao galego para a súa distribución en salas de exhibición".

Por outra banda, a Deputación da Coruña impulsa o deporte coruñés cunha liña de axudas de 692.000 euros dirixida aos clubs e entidades deportivas que conten con equipos ou deportistas que participen en competicións federadas de ámbito local, provincial ou autonómico durante 2021.

'Nación', filme de Margarita Ledo.
'Nación', filme de Margarita Ledo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta