Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2021 | Actualizada ás 14:07
Os usuarios de residencias de maiores de Galicia contaxiados con Covid-19 baixan a 53 concentrados en tres centros despois de saír da lista por negativizar tres residentes. Así o informaron este martes as consellerías de Política Social e de Sanidade, que indicaron que saíu da lista por negativizar o único usuario da Residencia San Vitorio de Baralla que quedaba e dúas da Residencia do Bolo.
Por iso, quedan 51 usuarios contaxiados de Covid-19 na DomusVi Monforte, un na residencia do Bolo e outro no San Marcos Hermanitas dos Anciáns Desamparados. Pola súa banda, non se notificaron casos nos centros de atención á discapacidade na Comunidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.