A Xunta amplía ata o 75% os aforamentos máximos ante a "melloría" da situación sanitaria

Este incremento non aplicará en Foz e O Barco de Valdeorras, que veñen de pasar ao nivel medio de restricións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Os brotes en centros educativos levaron ao comité clínico que asesora á Xunta na toma de decisións da pandemia a situar en nivel medio de restricións aos concellos de Foz e O Barco de Valdeorras. Pola súa banda, a melloría de Monforte de Lemos coloca, desde o sábado, a este municipio lucense no nivel medio baixo, o máis laxo en medidas de restrición.

A decisión do comité clínico, comunicada en declaracións aos medios este mércores polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tamén inclúe unha melloría de aforamentos para todas as actividades en xeral, salvo as que implican quitarse a máscara.

Isto é, todos os eventos, reunións e actos culturais en interiores poderán realizarse sen límite de persoas --máis aló da distancia de 1,5 interpesonal-- e cun aforamento máximo do 75 por cento, salvo no nivel máximo de restricións, que será sen límite de persoas pero ao 50 por cento.

"A incidencia acumulada baixa e baixa rapidamente, pero debemos seguir coas normas de prevención", manifestou Comesaña, quen lembrou o uso da máscara, a hixiene de mans e a distancia social como elementos primordiais para a seguridade fronte á covid.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, acompañado polo secretario xeral técnico, Alberto Fontes; o xerente do Sergas, José Flores; e pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, na rolda de prensa do comité clínico. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, acompañado polo secretario xeral técnico, Alberto Fontes; o xerente do Sergas, José Flores; e pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, na rolda de prensa do comité clínico. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Nas actividades deportivas, os grupos máximos pasarán de seis a dez como máximo, mentres que nos eventos deportivos e espectáculos haberá un máximo de 50 e 75 por cento de aforamento, sen límite de persoas, en función do nivel. Nos concertos ao aire libre cando sexan de pé, o máximo de persoas será de 5.000 en agrupacións de 500. En cada unha das parcelas desas 500, non poderá superarse o 33 por cento do espazo de cada unha.

Finalmente, segundo informou Comesaña, as agrupacións de persoas nos centros cívicos sociais tamén pasarán de máximo de seis a un límite de dez. En definitiva, Galicia "queda cunha capacidade xeral do 75 por cento", tendo en conta que non hai ningún concello que se atope no máximo de restricións. Os grupos amplíanse de forma xeral a un máximo de dez persoas, unha semana despois de que se levantaron restricións no ámbito privado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta