O presidente da CEG apela a pór en valor os recursos mineiros de Galicia de forma "sustentable"

Por E.P. | Ourense | 04/10/2021 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, reivindicou a posta en valor dos recursos mineiros de Galicia de forma "sustentable". Fíxoo na súa visita institucional á comarca de Valdeorras onde aludiu á capacidade de "tracción" que o sector exerce sobre outros estratéxicos.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, nunha visita á comarca de Valdeorras
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, nunha visita á comarca de Valdeorras | Fonte: CEG.

"A realidade actual fainos moito máis conscientes da necesidade de identificar materias primas e especialmente recursos minerais estratéxicos que contribúan ao crecemento e desenvolvemento da nosa industria presente e futura". Para iso, dixo, débense pór en marcha "medidas que garantan unha subministración estable e a prezos razoables".

"Por suposto, todo iso sen perder de vista os ambiciosos obxectivos de neutralidade climática subscritos polos Estados membros da Unión Europea", lembrou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta