Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/10/2021 | Actualizada ás 19:03
A dirección da siderurxia Megasa, asentada en Xuvia, Narón, trasladou aos seus operarios que á menor "brevidade" suspenderá a produción na quenda de mañá debido aos custos enerxéticos. Dita medida foi traslada á parte social este venres, 15 de outubro, segundo fontes consultadas por Europa Press.
Dita empresa está catalogada como electrointensiva, debido á cantidade de enerxía eléctrica que utiliza.
A media foi xustificada desde a parte empresarial polo alto custo alcanzado pola electricidade, que se traduciu nun encarecemento moi considerable da produción.
En Narón Megasa conta con outra empresa, Megamalla, emprazada no polígono industrial de Río do Pozo, dedicada á fabricación de malla electrosoldada de aceiro. A empresa fundada a mediados da década do sesenta polos irmáns Freire, orixinarios das Somozas (A Coruña), expandiuse nos últimos anos, primeiro coa compra de varias plantas en Portugal, onde conta con ata tres centros de produción e outro de reciclaxe de chatarra, mentres que desde o 2016 son os propietarios doutra fábrica en Zaragoza e unha planta tamén de recuperación en Valencia, adquirida esta última no ano 2012.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.