Nacho Vegas anuncia novo álbum e xira en 2022, con concertos en Galicia en febreiro

O novo traballo titúlase 'Mundos inmóbiles derrubándose', que publicará en xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 27/10/2021 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O músico Nacho Vegas anunciou novo disco, 'Mundos inmóbiles derrubándose', que publicará en xaneiro de 2022 cando tamén arrincará unha xira por España e América Latina. O primeiro adianto do álbum será 'La flor de la manzana', segundo anunciou a súa discográfica.

O músico Nacho Vegas
O músico Nacho Vegas | Fonte: LAIA SABATÉ.

A primeira data da xira será o 28 de xaneiro en Navia, o lugar onde se xestou o álbum, seguida por Getxo (29 de xaneiro), Xirona (30 de xaneiro), Granada (4 de febreiro), Vigo (11 de febreiro), A Coruña (12 de febreiro), Valencia (17 de febreiro), Murcia (18 de febreiro), Terrasa (19 de febreiro), Xixón (4 de marzo), Valladolid (5 de marzo), Vitoria-Gasteiz (27 de maio) e Zaragoza (28 de maio).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta