Prevén que o galego Baiuca, atrapado en Sudán polo golpe de Estado, abandone o país este sábado

Os integrantes do grupo están "ben e seguros".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/10/2021 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O representante do grupo galego Baiuca confirmou que a previsión é que a formación, atrapada en Sudán polo golpe de Estado que tivo lugar esta semana, chegue a España o sábado.

Baiuca (Alejandro Guillán
Baiuca (Alejandro Guillán | Fonte: Europa Press - Baiuca.

O representante corroborou así a información ofrecida polo estudo que produce ao grupo galego Baiuca, Raso, que informou de que está previsto que a formación abandone Sudán, onde o grupo permaneceu atrapado polo golpe de Estado que tivo lugar esta semana no país, este venres, cando reabra o Aeroporto de Xartum, a capital.

Segundo sinala Raso, esa é a data coa que traballan tanto eles mesmos como a embaixada de España. Tamén aseguraron que os integrantes do grupo están "ben e seguros".

Raso Estudo agradeceu ademais o apoio, así como o interese mostrado polos medios de comunicación.

O golpe de Estado en Sudán sorprendía en Xartum, a capital do país, a Baiuca e a catro persoas que lle acompañaban para participar no festival Sama, que pechaban como prato forte este martes.

Xunto a Alejandro Guillán viaxaban o percusionista Xosé Lois Romero, a cantante Andrea Montero, o cineasta e responsable da parte audiovisual do espectáculo Adrián Canoura e o técnico de son Alfonso García.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta