Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 13:12
O segundo dos buques AOR construído por Navantia no seu estaleiro de Ferrol entrou en servizo na Royal Australian Navy (RAN). Así, o presdiene compañía naval pública, Ricardo Domínguez, expresou que a posta en servizo do 'HMAS Stalwart' representa un momento de orgullo para o persoal de Navantia en todo o mundo.
"Felicito á Real Mariña Australiana pola posta en servizo do HMAS Stalwart. É o froito dun exitoso esforzo de equipo, que traspasa fronteiras e nun contexto desafiante polo impacto do COVID-19", declarou.
Tamén apuntou que "a posta en servizo deste buque tamén marca un fito importante na relación entre Navantia, Navantia Australia, o Goberno de Australia e a Royal Australian Navy". Ao mesmo tempo, incidiu que "en 15 anos Navantia entregou catro tipos de barcos, que representan máis de 110.000 toneladas ou o 60% da capacidade marítima da Armada australiana. O 'HMAS Stalwart', e o seu buque xemelgo, o 'HMAS Supply', foron construídos nos estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol durante os anos 2017-2021.
Despois foron enviados a Australia para o seu equipamento final. Son unidades que preparadas para prestar apoio operativo e loxístico, así como facilitar subministracións á frota nos despregamentos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.