Así persiste o teito de cristal: só unha de cada dez empresas chega ao 40% de mulleres na cúpula

Dous de cada tres postos nos consellos de administración das empresas do Ibex seguen ocupados por homes.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Dous anos despois da posta en marcha da Lei de Igualdade por parte do Goberno --que obriga ás empresas de máis de 20 empregados a implementar un plan para cortar a brecha salarial e romper co teito de cristal-- moi poucas empresas a nivel estatal cumpren coas directrices do Executivo. A escola de negocios TBS de Barcelona vén de lanzar un estudo que conclúe que só o 12'89% das empresa analizadas contan con, polo menos, un 40% de mulleres no seu consello de administración.

Imaxe ilustrativa da fenda salarial entre homes e mulleres
Imaxe ilustrativa da fenda salarial entre homes e mulleres

A cifra, malia ser representativa dun teito de cristal que segue presente, tamén se presta a unha lectura máis optimista se se teñen en conta os datos do pasado. Así é que, de acordo co mesmo informe, en 2005, só 3,3% dos postos nos consellos de administración das empresas do IBEX 35 estaban ocupados por mulleres. En 2020, en troques, son 330 conselleiras dos 1.280 existentes en total: un 31'17%. Polo tanto multiplicouse por case dez, malia seguir con datos insuficientes. 

O estudo de TBS pregúntase tamén se a influencia feminina nas empresas incide nunha redución da corrupción ou un mellor funcionamento das corporacións. Segundo apuntan dende a institución, ata o momento xa se desenvolveron multitude de investigacións empíricas para tentar cuantificar esta variable, se ben, de acordo coa escola, non se puido confirmar unha relación positiva, xa que depende dunha ampla serie de variables á marxe do sexo predominante no consello de administración. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta