Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 12:30
O presidente da Federación Galega de Hostalaría, Cheché Real, advertiu que o sector quere seguir traballando "ao 100 por cen" agora e de cara ao nadal, pese ao repunte de casos de covid dos últimos días. Real constatou que "seguen pedindo o mesmo". "Que nos deixen como estamos co pasaporte covid e seguir ao 100 por cen dos aforos, coas barras, aínda que con máscara e mantendo as distancias de seguridade", afirmou.
O tamén presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo expuxo que o sector pensa que "a situación hai que vela agora mesmo en canto a incidencia hospitalaria, de ocupación de camas e na UCI". Deste xeito, afirmou que as restricións só deberían darse, e non as vería "con malos ollos", se estes datos empeorasen.
"Non estimamos que sexa motivo para volver ás restricións", apuntou, en referencia a que se teña en conta unicamente o número de contagios, xa que insistiu en que "hai que aprender a convivir con estes contaxios, porque isto veu para quedar". "Os contaxios non van ser da forma impetuosa que foron ao principio e cando non había vacina", considerou.
Real insistiu en que agardan "poder traballar como estamos". "Somos o único sector sinalado pola pandemia en forma derestricciones e limitacións", xulgou, antes de indicar que en case "dous anos (de pandemia), non estiveron traballando ao 100 por cen, nin en horarios, nin en aforamentos". "Se non nos deixan traballar, isto vai ser tremendo", advertiu, finalmente, o presidente da Federación Galega de Hostalaría.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.