A Cidade das TIC da Coruña contará cun centro de desenvolvemento de drons

Estudarán, durante dez anos, as posibilidades destes vehículos para transportar pasaxeiros e mercadorías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2021 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director xeral do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Carlos Calvo, asinaron, no reitorado, un acordo para a cesión dun espazo na Cidade do TIC para a creación dun centro de excelencia en investigación no ámbito da Intelixencia Artificial, orientado ao desenvolvemento de drons e denominado Galaxy-lab.

"Con este acordo de cesión complétase un longo período de colaboración entre ITG e a UDC", explicou o reitor, que remarcou a importancia deste día no avance do proxecto da Cidade do TIC. Para o director de ITG, o acordo "abre un novo período" na relación entre ambas as institucións.

O convenio, que terá unha vixencia inicial de dez anos prorrogables, concreta a cesión dunha nave da Cidade do TIC para a instalación deste Centro de Excelencia Internacional, Galaxy-lab, destinado á experimentación con drons no ámbito do transporte de pasaxeiros e mercadorías en zonas urbanas, así como para demostración e proba de produtos para empresas.

A Universidade da Coruña achegará, ademais a este proxecto, o seu coñecemento e investigación en Intelixencia Artificial, realizada no Centro de Investigación TIC (CITIC). Será por conta de ITG a realización das obras, adquisición de infraestruturas, así como o mantemento e conservación do edificio. O Instituto Tecnolóxico de Galicia asinou a principios deste mes un convenio coa Xunta, que achegará algo máis da metade do investimento previsto, case 580.000 euros dos 1,16 millóns de euros de custo total.

O reitor da UDC,  Xullo Abalde, e o director xeral do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Carlos Calvo, asinan un convenio sobre a Cidade do TIC. UDC
O reitor da UDC, Xullo Abalde, e o director xeral do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Carlos Calvo, asinan un convenio sobre a Cidade do TIC. UDC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta