Confirmados 11 positivos en covid-19 tras unha cea de máis dun cento de médicos da área de Santiago

Realizouse un cribado a todos os participantes na cea cuxos resultados se coñecerán este xoves.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/12/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A área sanitaria de Santiago de Compostela e O Barbanza confirmou que once profesionais sanitarios foron diagnosticados como positivos en covid-19. A orixe dos contaxios estaría vinculada cunha cea recente na que participaron uns 120 médicos residentes da área compostelá.

Unha sanitaria comproba o resultado dun test de antíxenos de covid-19
Unha sanitaria comproba o resultado dun test de antíxenos de covid-19 | Fonte: Europa Press.

Fontes da área consultadas por Europa Press ratificaron que, ata o momento, hai confirmados un total de once casos positivos e ao longo desta mesma xornada realizouse un cribado a todos os participantes na cea cuxos resultados se coñecerán este xoves.

De feito, o cribado foi máis amplo, e a convocatoria lanzouse para máis de 300 especialistas en formación dos distintos servizos. O obxectivo é que o resultado da PCR permita determinar se hai máis contaxios de participantes nesa cea ou de contactos posteriores.

A relación entre os casos remóntase a unha cea celebrada días atrás e da que, segundo remarcan as fontes sanitarias, non tiña coñecemento a dirección hospitalaria.

De feito, lembra que este tipo de ceas contraveñen as recomendacións dadas expresamente ao persoal dos servizos sanitarios no marco da pandemia e, en concreto, da tendencia que rexistra Galicia nas últimas semanas.

Tras constatar a existencia deste gromo, remitiuse un escrito aos xefes de servizo no que se insta a abordar cos seus equipos a necesidade de actuar con responsabilidade dada a situación e o propio papel de exemplo dos sanitarios, ademais de subliñar que o impacto, se a evolución da covid-19 é negativa, recaerá na sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Rui do

Las buenas notas académicas no tienen nada que ver con la madurez personal. Y algunos niñatos MIR están faltos de un herbor.

2 Xanc

Non cometeron delito. Foron a unha festa respetando as normas que dictou a Xunta de Feijóo.. Quen di que non se contaxiaron nunha discoteca masificada que Feijóo permite? Seguir as directrices de Ayuso ten estas cousas...

1 Mariado

Efectivamente esto vuela y aún aterrizando Omicrón, que segun la organización Mundial de la Salud, las vacunas no son suficientes ante esta variante. Pero en Galicia todo bien, gracias a la Conselleria que nos ha librado del servicio de seguimiento de contactos y casos o CSC (rastreadores), nunca tendremos los casos y contactos reales diarios puesto que son poco más de 300 trabajadores en turnos de mañana y tarde, trabajando en el edificio sin mascarilla , sin distancia de seguridad y ya confirmados 3 teleoperadores con covid 19 que han hecho vida normal dentro y fuera del edificio desde el 1 de diciembre de 2021. Y no esperen que les llamen los festivos de Navidad que trabajaron servicios mínimos el 6 y 8 de diciembre, a razón de 18 trabajadores de turno mañana y 18 en turno de tarde, con más de 1000 casos diarios. Debe ser que para Abai Extel el coronavirus también tiene festivos y descansa.