Por Europa Press / Redacción | MADRID | 15/12/2021 | Actualizada ás 21:57
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, non quixo pronunciarse sobre unhas posibles restricións do Goberno durante o Nadal para frear a expansión da variante Ómicron e lembrou a importancia da "cultura do coidado".
A ministra compareceu nunha rolda de prensa tras a reunión do Consello Interterritorial de Saúde, celebrado este mércores. Na súa intervención esquivou, ata en dúas ocasións, as preguntas dos xornalistas sobre posibles restricións sanitarias e limitouse a lembrar a importancia de seguir as recomendacións de protección fronte ao covid, como o uso de máscaras e a distancia social.
De feito, algunhas Comunidades Autónomas como A Rioxa ou Murcia, xa aplicaron medidas como o límite de aforamentos nos espazos pechados ou restricións de movemento mesmo nos espazos abertos. Ademais, moitas outras xa comezaron a esixir o pasaporte Covid para acceder á hostalaría ou a locais de lecer.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.