Os casos Covid seguen a aumentar: máis de 15.000 tras rexistrarse más de 1.360 contaxios

Soben os hospitalizados por coronavirus no conxunto da Comunidade, con 12 ingresados máis. Os contaxios na área de Ourense baixan por segundo día consecutivo.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 19/12/2021 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A cinco días da Noiteboa, Galicia continúa coa súa escalada de novos contaxios detectados a diario e marca unha nova marca desta sexta onda da pandemia con 1.361. Así, os casos activos xa superan os 15.000 e a presión hospitalaria volve rexistrar un crecemento ata os 282 ingresados, 12 máis.

De acordo cos datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade, actualizados ata as 18,00 do sábado, hai 231 persoas hospitalizadas en planta en toda Galicia, 10 máis que unha xornada atrás, mentres que outras 51 están en unidades de coidados intensivos (UCI), dúas máis.

Se se observan os datos por áreas sanitarias, o crecemento da presión asistencial nas últimas horas produciuse tan só nas áreas de Vigo, Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras e na Coruña-Cee. No resto mantívose ou, en cambio, baixou, como é o caso de Santiago-Barbanza.

No caso do distrito vigués, os ingresados superan xa a centena e sitúanse en 101 tras crecer en seis nun día. De todos eles, hai 22 en críticos, un máis. No caso da área de Ourense, rexistra 55 hospitalizados con covid (+4), aínda que a UCI mantense con cinco pacientes. Mentres tanto, na da Coruña, sobe a 32 (+3) a cifra global, dos que seis (+1) están críticos.

Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, a presión asistencial mantense con 47 hospitalizados, aínda que un deles abandonou a súa UCI, que teñen oito enfermos (-1). De igual modo, a cifra global de ingresados na de Lugo-A Mariña-Monforte continúa en 17, aínda que en críticos hai agora seis (+1). Na de Ferrol, mantéñense os 10 hospitalizados, tres deles críticos.

En canto a Santiago-Barbanza, é a única área onde baixan os hospitalizados lixeiramente, ata os 20 (-1). De todos eles, só un está en coidados intensivos.

MÁIS DE 15.000 CASOS

Os casos activos de covid-19 continúan co seu ascenso e excederon a barreira dos 15.000, ao situarse xa en 15.348 nos datos deste domingo. Isto débese a que Sanidade detectou máis contaxios (1.357) que altas (804) nun día, ao que se engaden dous falecementos.

As infeccións activas ascenden en todas as áreas sanitarias fóra da de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, onde por segundo día consecutivo descenderon, ata as 2.648 en total, 64 menos.

No lado oposto, a de Vigo volveu a ser a de maior incremento de pacientes covid, ata os 4.980 en total (+237). Séguenlle a da Coruña-Cee, que sobe a 2.329 (+113); a de Pontevedra-O Salnés, a 2.361 (+111); e a de Santiago-Barbanza, a 1.477 (+105).

Máis moderados son os ascensos das áreas de Lugo-A Mariña-Monforte e Ferrol. A lucense rexistra 993 casos activos de covid (+44), mentres que a ferrolá sitúase en 560 (+5).

NOVA MARCA DE CONTAXIOS NESTA ONDA

Os novos contaxios de covid-19 mantéñense por quinta xornada consecutiva por encima do milleiro, ao subir a 1.357, que implican 107 máis que os 1.250 do día anterior. É, de novo, a cifra máis alta desta sexta onda da pandemia.

De todas as novas infeccións, 478 correspóndense coa área de Vigo, á que segue a de Pontevedra con 214 positivos. Por detrás están A Coruña, con 209; Santiago, con 177; Ourense, con 141; Lugo, con 100; e Ferrol, con 38.

Por tanto, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia ascenden a 208.410, das que 46.956 corresponden á área da Coruña; 45.501 á de Vigo; 29.369, á de Santiago; 27.168, á de Ourense; 24.882, á de Pontevedra; 21.864, á de Lugo; e 12.670, á de Ferrol.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade na tarde do pasado venres, 17 de decembro, Galicia conta cunha incidencia acumulada a 14 días de 511,95 casos por 100.000 habitantes, polo que segue lixeiramente por encima da media de España, que está en 511 puntos.

PCR E POSITIVIDADE

Desde o inicio desta crise sanitaria, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, realizáronse 3.156.689 PCR, que implican 11.228 máis que as rexistradas ata a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade en PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, volveu a ascender ata un 12,5%, tras situarse en torno ao 11% nos últimos días. De feito, esta cifra mantense por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galicia ascenden a 2.720, ao notificar este sábado a Consellería de Sanidade dúas novas vítimas.

Pola súa banda, 190.380 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse a Comunidade galega desde o comezo desta crise sanitaria, que constitúen 804 máis que as rexistradas ata o día anterior.

Ambiente nas rúas e establecementos de Vigo, a 27 de novembro de 2021, en Vigo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Ambiente nas rúas e establecementos de Vigo, a 27 de novembro de 2021, en Vigo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Mariado

Omicrón es una amenaza seria para la salud pública a pesar de las vacunas Adjunto artículo del periódico británico The Guardian que detalla cómo las vacunas pierden eficaz contra la variante Omicron y como la tercera dosis mejora la protección pero no llega al nivel de protección que teníamos contra la variante Delta. También confirma que no es cierto que Omicrón sea más leve porque no existe evidencia para ello. El estudio de Sudáfrica se realizó en pacientes jóvenes. El artículo cita a varios científicos y epidemiólogos británicos que piden restricciones antes de las navidades para evitar un volumen tremendo de hospitalizaciones. https://www.theguardian.com/politic...

1 Omicón

Más negacionista que la Conselleria de Sanidade no hay nadie, hoy 1361 casos de ayer hasta las 18pm de ayer,que serán 1600 hasta las 22 pm horas de ayer aprox. Y los pocos teleoperador@s que trabajan hoy domingo en mínimos en Abai Extel no llaman ni a 400 en horario de mañana y tarde.Si sumamos los casos positivos no llamados hoy que rondarán los 1000, más los no llamados de ayer otros 1000, total + o -, unos 2000 casos + no llamados este fin de semana, con los miles de contactos que tampoco se identifican ni llaman, puesto que hay que multiplica una media de 3 personas mínimo en una casa de un positivo, o sea, 3 x 2000=6000. Este fin de semana como mínimo no se ha llamado a supuestamente 2000 positivos y 6000 contactos. Negacionismo de la Conselleria que ante esta gestión pésima de rastreadores o CSC en Abai extel edifico Proa, no hacen nada. Y lo peor todos los días muere gente por covid19