Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2024 | Actualizada ás 10:42
O presidente da Federación Galega de Salas de Festa e Discotecas, Samuel Pousada, presentou senllos escritos para pedir a varios concellos galegos, entre eles as cidades da Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra, que aproben plans de seguridade contra as festas ilegais durante o Nadal.
En concreto, o sector do lecer nocturno solicita que esta folla de ruta se estenda todos os anos desde o 15 de decembro ata o 6 de xaneiro e leve un aumento dos efectivos policiais para poder sancionar aos infractores.
Ademais, reclama que haxa "unha coordinación" entre as policías locais e técnicos do concello co resto de administracións e forzas e corpos de seguridade. Todo iso co obxectivo de non permitir a celebración de actividades festivas e extraordinarias que non estean amparadas por unha autorización municipal, que carezan dos requisitos técnicos, sanitarios e de seguridade esixidos pola lexislación ou que se celebren en establecementos sen licenza nin declaración responsable.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.