Terra, o tema de Tanxugueiras arrasa nas redes sociais

É a primeira vez que unha canción en galego entra na competición da preseleción e de saír vencedora, sería a primeira vez na historia do festival de Eurovisión que unha canción enteiramente nunha lingua minoritaria representa a un estado membro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/12/2021 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Terra, o tema co queTanxugueiras presentou a Eurovisión arrasa en redes sociais. Desde este luns, 20 de nadal, cando se filtrou a canción, "Terra" e "Tanxugueiras" están entre as tendencias de España durante gran parte do día. Eurofáns e non eurofáns destacaron a gran sonoridade da canción, a súa música de raíces e, sobre todo, a súa orixinalidade. Hai quen a ve xa como unha firme candidata para Eurovisión, senón a gañalo.

Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro son Tanxugueiras
Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro son Tanxugueiras | Fonte: © Rocío Cibes

Tanxugueiras defenderán Terra no Benidorm Fest, o festival que servirá como preselección española para elixir o representante de Eurovisión 2022. Aínda que as datas están sen confirmar, especúlase con que o certame terá lugar a última semana de xaneiro. Olaia, Sabela e Aida competirán contra outros trece artistas pola vitoria primeiro en dúas semifinais e, por último, nunha gran final.

De gañar o Benidorm Fest, Tanxugueiras serían as primeiras en levar a Eurovisión unha canción nunha lingua cooficial do Estado. Polo de agora xa son as primeiras artistas da historia en levar unha canción en galego a unha preselección.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tareixa Santos

Canto mais a escoito,mais me gusta