Chega ao porto da Coruña o barco máis grande que atracou nos seus peiraos

O presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, sinalou que desde setembro se recuperou o tráfico de cruceiros "a moi bo ritmo".

Por E.P. | A CORUÑA | 27/12/2021 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O porto da Coruña recibiu a primeira escala do 'Aida Nova', o buque da compañía Aida Cruises e o máis grande dos que visitaron a instalación portuaria coruñesa, segundo informa a Autoridade Portuaria.

Con capacidade para 6.500 pasaxeiros e 183.000 toneladas de rexistro bruto, o buque conta con 19 plantas, catorce delas sobre o nivel do mar. A pesar das súas enormes dimensións e aforamento, o 'Aida Nova' chegou ao peirao de Transatlánticos, procedente de Bélxica, con 2.900 pasaxeiros e case 2.000 tripulantes, co fin de cumprir as restricións da covid.

Antes de desembacar, os pasaxeiros realizaron un test de antíxenos. Para este operativo utilizouse unha gran plataforma encostada á pasarela, debido á gran altura do barco.

Na recepción ofrecida, o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, sinalou que desde setembro se recuperou o tráfico de cruceiros "a moi bo ritmo". No último cuadrimestre de 2021, cando foi posible renovalo, rexistráronse 32 escalas.

Buque 'Aida Nova'. AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA
Buque 'Aida Nova'. AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta