Temas: XACOBEO CICLISMO

A volta ciclista O Gran Camiño contará con equipos internacionais

Rueda destaca a carreira como "punto de partida da gran peregrinación a Galicia no 2022".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/01/2022 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

A volta ciclista O Gran Camiño percorrerá as catro provincias galegas entre o 23 e 27 de febreiro, nunha cita na que participarán equipos internacionais de primeiro nivel. Este evento, que se presentou este venres en Santiago, conta xa coa participación confirmada dos equipos: Movistar, Israel Start Up Nation, Education First, Cofidis, o portugués Tavira e Euskaltel Euskadi. Tamén tomarán a saída o 24 de febreiro o portugués RP-Boa Vista e os italianos Eolo Kometa, Androni Giocattoli e Bardiani.

Presentación da volta ciclista O Gran Camiño
Presentación da volta ciclista O Gran Camiño | Fonte: Europa Press.

Tras dúas décadas en suspenso, Galicia recuperará este 2022 unha volta ciclista profesional por etapas no seu territorio, na que se axuntará "espectáculo, valores deportivos e difusión turística".

Durante o acto, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a esta volta de catro etapas como "punto de partida da gran peregrinación a Galicia no 2022".

"Percorre todas as provincias galegas, realízase por etapas e defende os valores da perseveranza, a constancia e o esforzo para chegar á meta en Compostela", subliña.

A carreira arrincará na provincia de Pontevedra, para pasar logo á Coruña e a Ourense, onde será a etapa raíña. Para concluír, os ciclistas rodarán en Lugo, transitando o máis importante dos camiños a Santiago, a vía francesa.

Temas: XACOBEO CICLISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta