Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/02/2022 | Actualizada ás 20:00
A Xunta de Galicia impulsará a candidatura da padeeira galega Teresa Portela para o Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2022. O Goberno galego lembra que os de Toquio foron os seus sextos Xogos Olímpicos, converténdose na muller española co maior número de participacións olímpicas cun total de seis. Ademais, traballa para ir a París 2024.
Teresa Portela conta no seu palmarés con 15 medallas mundiais, 17 europeas e unha prata olímpica.
A Xunta xa habilitou na súa web un espazo para rexistrar os apoios populares á súa candidatura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.