Unha sentenza anula o despedimento dunha afiliada de CNT que participou na folga do 8M

A empresa, dedicada á realización de obras e instalacións de aparellos de calefacción, deberá readmitila e indemnizala polos danos morais.

Por E.P. | VIGO | 01/03/2022 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Unha sentenza anulou o despedimento dunha afiliada da Confederación Nacional do Traballo (CNT) que participou na folga do 8 de marzo de 2019, segundo asegurou a organización sindical.

Tal como asegura o sindicato, a muller, membro do comité de folga da CNT, prestaba os seus servizos cun contrato en prácticas e foi informada o seu despedimento por atrasos reiterados de 2 e 3 minutos en datas próximas ao exercicio do seu dereito a folga.

A sentenza do xulgado da Coruña, segundo explica o sindicato, recolle que a participación na folga si é un indicio de nulidade xa que existe unha conexión temporal. Ademais, a causa recollida na carta de despedimento "parece desproporcionada en atención á sanción imposta e chama a atención que precisamente empecen a producirse os atrasos ou ben a darlle importancia a empresa en datas próximas ao exercicio do dereito a folga".

Por iso, a empresa, dedicada á realización de obras e instalacións de aparellos de calefacción, vese obrigada a readmitila e indemnizala polos danos morais. Desde o sindicato estúdase recorrer a sentenza, xa que non recoñece o carácter indefinido do contrato da traballadora.

Manifestación feminista en Verín
Manifestación feminista en Verín | Fonte: GALEGAS 8M

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta