Twitter repróchalle a Feijóo o "racismo e homofobia" de Vox que deixa entrar no Goberno

O pacto alcanzado por PP e Vox en Castela e León permite que a extrema dereita entre por primeira vez nun goberno autonómico en España.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2022 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A extrema dereita de Vox, da man do Partido Popular e co "permiso" do presidente da Xunta e candidado a presidir o PP estatal, Alberto Núñez Feijóo, entra por primeira vez nun goberno autonómico do Estado, o de Castela e León. As críticas a este pacto, cualificado como "vergoñento" por parte do PSOE, non se fixeron agardar, e sinalan, sobre todo, a Feijóo.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comparece na sede nacional do PP para entregar os avais necesarios para formalizar a súa candidatura, na rúa Xénova, a 9 de marzo de 2022, en Madrid (España). Feijoo formaliza o seu candidat. A. Pérez Meca - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comparece na sede nacional do PP para entregar os avais necesarios para formalizar a súa candidatura, na rúa Xénova, a 9 de marzo de 2022, en Madrid (España). Feijoo formaliza o seu candidat. A. Pérez Meca - Europa Press

Nas redes sociais sucédense as denuncias pola homofobia e racismo do que fai gala Juan Manuel García-Gallardo Frings, que levará a VOX á vicepresidencia da Xunta de Castela e León. Na súa propia conta, ten deixado comentarios coma os seguintes, recollidos por varios usuarios: 

El candidato 🤦‍♀️ pic.twitter.com/8OzOqxgVFt

— Iman (@Iman2404Monica) January 8, 2022

 

Outros sinalan a responsabilidade de Feijóo sobre a lexitimación destes discursos a través do pacto do PP e Vox:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta