Por Europa Press / Redacción | LUGO | 17/03/2022 | Actualizada ás 17:57
A recomendación de usar máscaras nos patios dos centros educativos galegos quedará sen efecto unha vez que en Galicia se completou a vacinación da poboación diana en idade pediátrica (de 5 a 11 anos). Así o trasladou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na mesma xornada na que se reuniu o subcomité clínico que asesora á Xunta en relación aos asuntos vinculados coa pandemia.
O Executivo autonómico dá por resolto do proceso de inmunización da poboación galega e Feijóo destacou que, na liña do avance da vacinación, culminada tamén nas crianzas, o seguinte paso é deixar sen efecto a recomendación da máscara nos recreos. En todo caso, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, precisou que o feito de que decaia a recomendación é compatible con que, se unha familia decide que o neno siga levando este elemento de protección, poida facelo.
Na súa intervención, o presidente galego repasou os últimos datos de evolución epidemiolóxica da pandemia, e volveu incidir en que a presión hospitalaria está controlada. De feito, precisou que, dos 350 ingresados en planta diagnosticados con covid-19, ao redor da metade foron hospitalizados por outra patoloxía prevalente e, adicionalmente, descubriuse que estaban infectados co virus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.