Galardoadas 22 persoas con diversidade funcional no certame de Special Olympics

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2022 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, presidiu este luns a entrega de premios da 26 edición do certame de tarxetas de Nadal de Special Olympics. Na cita, celebrada na Cidade da Cultura, foron recoñecidas 22 persoas con diversidade funcional polas súas creacións artísticas.

Nel, Fabiola García puxo en valor o traballo das entidades que conforman Fademga e a posta en marcha de iniciativas como Special Olympics, que fai do deporte, da cultura e da formación ferramentas para a integración das persoas con diversidade funcionl. Neste sentido, sostivo que para continuar facendo unha Galicia que sexa máis familiar e máis integradora é indispensable seguir apostando pola colaboración entre entidades sociais e Administracións.

Para sumarse á creatividade dos participantes no certame organizado por Special Olympics, a conselleira de Política Social envía cada Nadal aos seus achegados a postal dun dos participantes no concurso.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participa na entrega de premios do 26 certame de Cartóns de Nadal de Special Olympics. XOÁN CRESPO
A conselleira de Política Social, Fabiola García, participa na entrega de premios do 26 certame de Cartóns de Nadal de Special Olympics. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta