Hablamos Español "teme" que Pedro Puy suceda a Feijóo por ser "favorable á imposición lingüística"

"E difícil encontrar no PPdeG a un non nacionalista, pero Puy é especialmente favorable á imposición lingüística", expuxeron a través de Twitter.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A asociación Hablamos Español, presidida por Gloria Lago, criticou a través das redes sociais que o portavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia, Pedro Puy, poida suceder o aínda presidente da Xunta de Galicia e líder do PP estatal, Alberto Núñez Feijóo, como novo xefe do PPdeG.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa | Fonte: PP.

Así o expuxo a través da súa conta de Twitter, onde sinala que "teme" que Pedro Puy suceda a Feijóo porque "é difícil encontrar no PPdeG a un non nacionalista, pero Puy é especialmente favorable á imposición lingüística". Por iso, asegura a plataforma, levan "semanas cruzando os dedos".

O tweet bateu coas críticas doutras persoas usuarias que aclaraban que ninguén é favorable á imposición lingüística senón que simplemente se fai cumprir a Constitución Española e o Estatuto de Galicia. "Que culpa temos os demais de que non sexades capaces de aprender outra lingua?", recrimináronlle. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta