Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2022 | Actualizada ás 11:34
A rede de franquías da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski continúa ampliando o seu número de establecementos en Galicia con dúas novas aperturas en Friol e Sobrado dos Monxes. Faio baixo a insignia Eroski City na primeira delas e baixo a insignia Aliprox, na segunda.
O Eroski City de Friol abriu este mesmo mércores as portas ao público do seu novo establecemento, tras a celebración dun pequeno acto de inauguración interno no que tamén participou o alcalde do Concello de Friol, José Ángel Santos. Pola súa banda, a apertura do novo Aliprox de Sobrado dos Monxes tivo lugar xa o pasado 24 de marzo.
O novo Eroski City en Friol está emprazado en Rúa Deputación. Este novo supermercado, segundo explica a compañía, dispón de 317 metros cadrados de superficie comercial con máis de 4.000 referencias tanto de marcas líderes como de marcas propias e de produtores locais. Ofrece, ademais, venda asistida en carnicería e charcutería e punto quente de panadaría, explican nunha nota.
Doutro lado, o novo Aliprox de Sobrado dos Monxes está situado na rúa Portal e pon a disposición da clientela unha sala de vendas de 261 m2 con máis de 3.500 referencias de alimentación. Conta con seccións de frescos de frutaría e charcutería ao corte, así como carnicería en porción e punto quente de panadaría.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.