Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2022 | Actualizada ás 19:53
Tres persoas resultaron feridas, entre elas un menor, nun accidente de tráfico rexistrado este xoves no municipio de Coirós, na Coruña.
Segundo informou o 112, foi necesario que os Bombeiros de Betanzos empregaron o material de excarceración para acceder e liberar ás persoas a través do maleteiro dun dos vehículos accidentados, xa que as portas estaban bloqueadas. Posteriormente, os feridos foron trasladados ao centro médico de referencia.
O sinistro produciuse no lugar de Figueiras, na parroquia de Santa Mariña de Lesa, ao redor das 14,30 horas. A esa hora, unha persoa particular daba conta do accidente ao 112 Galicia. Segundo indicaba na súa comunicación, as persoas non conseguían abrir as portas do vehículo no que circulaban. Con estes datos, desde o 112 púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos e da Garda Civil de Tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.