Recta final para o 'caso Déborah' e a familia avisa: "O camiño segue"
Este 30 de abril cúmprense 20 anos desde que a moza desapareceu despois de saír da súa casa, na zona de Alcabre, para facer deporte. O seu cadáver foi atopado dez días despois a 40 quilómetros do seu domicilio, nunha cuneta dunha estrada do Rosal, espido, tapado con vexetación e rodeado de pistas falsas.