Obxectivo: reducir o sobrepeso na poboación galega do 39% ao 15%

A Xunta inicia a elaboración da nova estratexia 'Obesidade Zero'.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/05/2022 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

A Xunta iniciou a elaboración da nova estratexia 'Obesidade Zero 2022-2025', que inclúe un total de 40 medidas co obxectivo de reducir o sobrepeso na poboación galega desde o 39% da actualidade ata o 15% para o ano 2030. Así o avanzou o presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, tras á última reunión do Consello que el mesmo dirixe.

Obesidade infantil
Obesidade infantil | Fonte: GaúzchaCx

Para xustificar o plan, Feijóo referiuse a un estudo elaborado por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública, no que reflicte que o 39% dos galegos teñen sobrepeso e o 16%, obesidade. "Non estamos na peor das situacións de España pero é un problema de saúde pública evidente", agregou.

De feito, unha enquisa deste mesmo departamento, contestada por un total de 47.743 persoas entre o 18 e o 31 de maio, reflicte que o 74% dos galegos considera a obesidade como "preocupante" entre a poboación xeral e o 20% veo así entre menores de idade Ademais, o 71% cre que as administracións deben tomar medidas para reducir estes problemas.

Así, para o desenvolvemento desta estratexia, Saúde Pública tivo en conta a evidencia científica e a opinión das sociedades científicas, os axentes sociais, os representantes do sector privado e a opinión da cidadanía.

TRES EIXOS

Segundo debullou o presidente da Xunta en funcións, o plan conta con tres eixos de acutación. No primeiro deles, impulsaranse "modificar contornas que favorezan a obesidade", como é o caso da política, a educación, o traballo e os centros sanitarios, entre outros.

Así, por exemplo, prevese a creación dunha "rede de escolas promotoras de saúde", impulsar ofertas sas nos comedores dos centros educativos e que os médicos prescriban a realización de exercicio físico.

O segundo eixo da estratexia baséase na capacitación da sociedade para tomar decisións máis saudables. Entre eles, prevese o reto de que todos os galegos realicen o Camiño de Santiago contando os pasos que dá no seu barrio ou no seu traballo.

O terceiro, relacionado coa investigación e a innovación en promoción da saúde, contempla outorgar un importante papel ao Observatorio de Saúde Pública de Galicia como sistema de vixilancia de referencia para o sobrepeso, a obesidade e os seus factores de risco na poboación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta