Urbaser mobilízase en Santiago contra as "represalias" da empresa

Reclaman a readmisión de traballadores despedidos "sen motivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Traballadores de Urbaser en Santiago, a contrata de limpeza viaria, celebraron na mañá deste mércores unha manifestación polo polígono do Tambre convocada polo comité de empresa. Durante a protesta, que se realizou a pé polo polígono desde a nave da empresa situada na rúa Vía Edison, portaron pancartas nas que se lía 'Urbaser non cumpre os acordos', á vez que gritaban consignas como 'A loita é ou único camiño'. Todo iso mentres facían soar tambores e bucinas no seu percorrido.

O persoal reclama a readmisión de traballadores despedidos "sen motivo", no que os sindicatos consideran "unha represalia" ante a nova negociación do convenio de empresa. Esta é unha nova mobilización dos empregados, quen nas últimas semanas levaron as súas reivindicacións ata o Concello de Santiago. Denuncian incumprimento dos acordos da concensionaria para a renovación de persoal eventual, así como o despedimento de dous traballadores que levaban catro anos contratados.

Protesta de traballadores de Urbaser no polígono do Tambre. COMPOSTELA ABERTA
Protesta de traballadores de Urbaser no polígono do Tambre. COMPOSTELA ABERTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta