Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 19:24
O que foi alcalde de Meis durante 20 anos, Jorge Casal, faleceu aos 92 anos. Foi o primeiro rexedor da democracia na localidade pontevedresa.
A alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, trasladou que, tras decatarse do falecemento do ex rexedor, trasladoulle á familia o seu agarimo e respecto, no seu nome e no nome da veciñanza.
A rexedora, ademais de anunciar un decreto de loito oficial no Concello, destacaba o papel de Casal como "mestre de moitas xeracións, tendo en conta que foi profesor no colexio de Mosteiro.
PÉSAME DE RUEDA
"Jorge Casal dedicou toda a súa vida aos veciños e á súa localidade, como alcalde e como mestre. Foi un gran servidor público", trasladou, despois de transcender o seu falecemento, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
"Todo o meu agarimo para o Concello de Meis e un abrazo moi forte para a súa familia e seres queridos. DEP", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.