Por Europa Press / Redacción | Lugo | 05/06/2022 | Actualizada ás 11:18
O Arde Lucus, que cumpre este ano 21 edicións, celebrarase do 9 ao 12 de xuño envorcándose agora o Concello de Lugo en conseguir que sexa declarada "Festa de Interese Turístico Internacional".
Dous anos despois, a festa de recreación do pasado romano e castrexo recupera a presencialidade tras a pandemia, polo que a rexedora municipal, Lara Méndez, confesou que espera "unha festa co mesmo esplendor que tivemos antes".
Méndez puntualizou que "agora o que queremos é dar ese salto cualitativo e cuantitativo e queremos conseguir que sexa declarada festa de Interese Turístico Internacional, un distintivo que nos sitúe no plano internacional".
No "ámbito económico" xa se advirte a forza deste Arde Lucus, ao superarse "o 90% de ocupación hoteleira, que non só afecta o concello de Lugo, senón tamén a localidades limítrofes".
Son máis de 400 as actividades programadas para ese catro días, "ao redor de cen cada día". "Son actividades para todos os gustos e para todas as sensibilidades", presumiu a rexedora.
Lara Méndez convidou a "participar de citas tan emblemáticas e tan consolidadas como o desfile na muralla, o circo romano, o desfile dos colexios, o desfile das gaitas e outras novas como a proxección en 5D na Mosquera para recrear como era a muralla antigamente, de dous pisos". "Isto permitiranos facer unha viaxe no tempo", subliñou a alcaldesa.
En total son 19 asociacións, nove romanas e dez castrexas, que irán instalando os campamentos por distintos puntos da cidade. Este ano, o domingo 12 para o peche do Arde Lucus inclúese a actuación de Tanxugueiras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.