A Deputación de Ourense manda un novo camión con axuda humanitaria para Ucraína

Este envío realizouse en colaboración coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína.

Por E.P. | OURENSE | 20/06/2022 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A deputada de Igualdade e Reto Demográfico da Deputación de Ourense, Luz Doporto, supervisou este luns, no parque de maquinaria da institución, situado no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, a saída dun novo envío de axuda humanitaria para Ucraína.

Este envío realizouse en colaboración coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína, cuxa presidenta e secretario, Natalia Afónina e Antonio Congostra, tamén estiveron presentes xunto á edil de Servizos Sociais do Concello de Ourense, Eugenia Díaz, ademais de persoal da Deputación.

Luz Doporto destacou que "son xa catro os camións que partiron do parque da maquinaria da Deputación desde o comezo do conflito bélico cara Polonia e Ucraína, cunha media de 30 toneladas cada un". Este envío inclúe, ademais de materiais de primeira necesidade como roupa e alimentos, doados por todos os concellos da provincia, outro tipo de materiais cedidos por diferentes entidades.

A deputada tamén aproveitou a ocasión para mostrar o seu agradecemento ao persoal que traballa nas instalacións habilitadas pola Deputación para coordinar a resposta dos concellos da provincia ante a crise humanitaria que sofre o pobo ucraíno, xa que "sen eles, que traballan dunha maneira incansable, non sería posible esta resposta".

Deputación De Ourense Material Solidario Para Ucraína. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Deputación De Ourense Material Solidario Para Ucraína. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta