Falece un motorista tras sufrir unha caída e caer por un terraplén en Toén

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2022 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Un motorista perdeu a vida este martes despois de sufrir unha caída cando circulaba pola estrada OU-402, ao seu paso pola localidade ourensá de Toén, e precipitarse por un terraplén.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 18,00 horas. A central de emerxencias tivo coñecemento do suceso a través da chamada dunha persoa particular que alertaba de que un motorista necesitaba asistencia médica urxente despois de caer do seu vehículo cando circulaba pola estrada que une Ourense e Castrelo de Miño, á altura do lugar de Quenlle.

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deu aviso aos servizos sanitarios, que desprazaron ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Ourense, e solicitou a intervención dos Bombeiros do Carballiño, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Ribadavia e de Protección Civil de Toén.

Unha vez no punto, os equipos de intervención informaron ao 112 que tan só puideron confirmar o falecemento do motorista. Así mesmo, tamén comunicaron que a vítima caera por un terraplén e que era necesaria a actuación de efectivos de rescate para recuperala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta