Temas: PIRAGüISMO

Galicia consegue o seu mellor resultado histórico no Mundial de Piragüismo Sprint, con catro medallas

Foron tres medallas de ouro e unha de prata.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2022 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Os dez deportistas galegos de alto nivel desprazados a augas do Lago Banook en Halifax (Canadá) conseguiron o mellor resultado histórico para o país nun Mundial de Piragüismo Sprint, sumando ata catro medallas. Os galegos conseguiron tres medallas de ouro así como unha de prata, ademais de catro cuartos postos e tres sitúes de finalistas.

Teresa Portela e Sara Ouzande, tras recibir unha medalla
Teresa Portela e Sara Ouzande, tras recibir unha medalla | Fonte: Xunta de Galicia.

En concreto, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade situáronse como campións do mundo no K4 500. Arévalo, de Betanzos, repetiu este pasado domingo con outro ouro no K1 200.

O C4 500 masculino español, con tres galegos --Pablo Graña, Manuel Fontán e Adrián Sieiro-- tamén se proclamou campión do mundo. Pola súa banda, Teresa Portela e Sara Ouzande conseguiron a medalla de prata en K2 200.

Así mesmo, Teresa Portela e Sara Ouzande, acompañadas doutra galega, Carolina Otero, lograron o cuarto posto en K4 500 feminino. A mesma sorte correu Adrián Mosquera, en Paracanoe, na modalidade VL3 200. Noel Domínguez e Diego Domínguez fixeron o propio no C2 1.000.

A estes éxitos tamén hai que sumarlles o tres postos de finalistas máis: Pedro Vázquez en K2 1.000, Manuel Fontán en C1 200 e Pablo Crespo en C1 1.000.

Temas: PIRAGüISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta